Tonino / Miguel Salas
por Salas, Miguel [autor/a]; Domeniconi, Paolo [ilustrador/a].
Tipo: LibroSeries: Colección O.Editor: Pontevedra :OQO ,2013 Edición: 1ª.Descrición: 36p :il. cor ;24cm.ISBN: 9788498712520.Materia(s): Viaxes | Aventuras | Animais humanizados | FamiliaRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: El é un pingüín e chámase Tonino: chaqueta con faldróns, cuíño ?no, pico laranxa e ollos de botón, regordecho e zoupón. Tanto lle ten ao noso pingüiniño o que pensen familia e mais veciños. El soña con marchar para o deserto; é o único certo.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | EEI San Roque | ZONA AZUL estanterias OQO Ѻ 3, zona A | Dispoñible | LEA001000003937 |
|
|||
Prestable | EEI San Roque Sala préstamo | 2507 azul tonino | 1 | Dispoñible | Azul Imaxinación | LEA001000002507 |
|
Esta é a historia atípica dun pequeno pingüín, Tonino, que quere converterse nun auténtico beduíno. Para cumprir este soño extravagante, fuxe de casa e consegue chegar… ata Tunisia!
Unha vez alí, para atravesar o deserto, non dubida en comprarse un camelo, pero este, do mesmo xeito que a historia e o seu protagonista, tamén ten a súa singularidade: coxea e tropeza ao andar.
Aínda que o desexo de Tonino é rechamante, non o é anhelar aquilo que dista do que temos ou somos, tamén é moi habitual que os pequenos se sintan atraídos pola aventura ou o descoñecido. Esta é unha característica da infancia e unha forma habitual de aprendizaxe.
Por iso, non estamos ante unha decisión tan estrambótica. Tonino podería ser un neno ou adulto calquera que, coma todos, nalgún momento da vida, ansía saír da rutina e fuxir do que é ou cre que non é.
O pingüín emprende ilusionado e cheo de expectativas esta aventura. Inicia, así, unha viaxe espazo-temporal e, principalmente, de madurez e aprendizaxe.
El é un pingüín e chámase Tonino:
chaqueta con faldróns, cuíño ?no,
pico laranxa e ollos de botón,
regordecho e zoupón.
Tanto lle ten ao noso pingüiniño
o que pensen familia e mais veciños.
El soña con marchar para o deserto;
é o único certo.
3º-4º Primaria
1º-2º Primaria