Font, Anna

Canta xente se necesita__? / [do texto e das ilustracións], Anna Font ; [da traducción, Manuela Rodríguez] - Pontevedra : Kalandraka , 2024 - [36] p. : il. cor ; 31 cm.

Un orixinal libro-xogo para pensar e compartir sobre os afectos, a convivencia e a solidariedade.
Somos animais sociais. Desde que chegamos ao mundo necesitamos ao noso lado persoas que nos coiden, que nos apoien e que nos queiran, persoas quenos axuden a crecer e a compartir, persoas coas que poder construír un mundo mellor. Este álbum convídanos a reflexionar sobre estes aspectos dun modo poético e sinxelo, ao alcance dos máis pequenos; tamén a repensar o concepto de comunidade e a valorar as relacións humanas e a convivencia.

A obra, ideal para compartir a calquera idade, preséntase como un xogo de preguntas e respostas que permite responder libremente a cada lector ou lectora ou darlle a volta ao libro e, coma se se tratase da solución dunha adiviña, ler a resposta oculta que a autora nos propón. As ilustracións a dobre páxina son divertidas colaxes cheas de humor e de cor que achegan nova información que nos axudará a reflexionar e a responder ás cuestións queaquí se formulan. Atrévete a pensar por ti mesmo, non hai respostas incorrectas!

9788413432922


Emocións e sentimentos--Álbums
Emociones y sentimientos--Álbumes
Convivencia --Álbums
Convivencia--Álbumes
Libros xogo--Albums
Libros-juego--Álbumes

087.5 821.134.2-34"20":087.5

Coa tecnoloxía Koha